Localización
Data
Formato
Horario/duración
Prezo
Tema do evento
Para poder utilizar as funcionalidades debes completar todos os campos obrigatorios do teu perfil.
Web Summit 2026
Web Summit é un dos maiores congresos de Europa (“the best tech conference in Europe”), que conecta a unha nova xeración de persoas fundadoras con axentes investidores, medios de comunicación e líderes tecnolóxicos de todo o mundo.
Web Summit, considerado un dos maiores congresos tecnolóxicos de Europa, regresa a Lisboa do 9 ao 12 de novembro de 2026 no MEO Arena. Esta 14ª edición consolidará, un ano máis, a capital portuguesa como punto de encontro do ecosistema tecnolóxico internacional, reunindo persoas fundadoras, startups, empresas expositoras, axentes investidores, medios de comunicación e líderes tecnolóxicos de todo o mundo.
Ao longo do evento, Web Summit articula programas e espazos específicos para os distintos perfís asistentes, combinando contido en escenarios, actividades de networking e oportunidades de negocio. Polos seus escenarios pasaron figuras de primeiro nivel como Sam Altman, CEO de OpenAI; Alexis Ohanian, cofundador de Reddit; Anton Osika, CEO de Lovable; António Guterres, secretario xeral das Nacións Unidas; Serena Williams, tenista e emprendedora; Ursula von der Leyen, presidenta da Comisión Europea; ou Doug Leone, managing partner de Sequoia Capital, entre moitas outras.
Web Summit destaca especialmente polo seu programa para startups, orientado a proxectos en fases temperás con alto potencial e deseñado para conectalos con axentes investidores, corporacións e referentes globais. As startups seleccionadas acceden a unha comunidade internacional e a iniciativas específicas para acelerar o seu crecemento, entre as que destacan:
- Pitch: competición que reúne a 105 startups nunha batalla de presentacións en directo ante un panel independente de axentes investidores e partners globais.
- Startup Masterclasses: sesións para aprender directamente de axentes investidores, aceleradoras, incubadoras e perfís directivos sobre os elementos esenciais para construír e escalar unha startup.
- Mentor Hours: sesións grupais de 45 minutos, organizadas en catro itinerarios (liderado, comunicación, desenvolvemento de produto e crecemento), con asesoramento de perfís sénior segundo as necesidades de cada equipo.
- Reunións entre axentes investidores e startups: encontros individuais de 15 minutos, programados entre startups e axentes investidores.
A pasada edición de 2025 reuniu a 71.386 persoas asistentes procedentes de 157 países, 1.857 axentes investidores de 86 países e 2.725 startups de 108 países —das cales un 40 % estaban fundadas por mulleres—, consolidando Lisboa como un dos principais puntos de encontro do ecosistema tecnolóxico internacional.
Queres publicar un novo evento na Plataforma ONE?
Escríbenos!