Organizador
Localización
Data
Formato
Horario/duración
Prezo
Tema do evento
Para poder utilizar as funcionalidades debes completar todos os campos obrigatorios do teu perfil.
Waykup Forum 2026
Waykup Forum é unha cita clave para o ecosistema emprendedor e innovador, que reúne a axentes investidores, startups e corporacións co obxectivo de impulsar as últimas tendencias en innovación tecnolóxica.
Waykup Forum 2026, organizado polo Instituto de Fomento da Rexión de Murcia, celebrará a súa sexta edición os días 2 e 3 de decembro de 2026 no Edificio Anexo do Auditorio Víctor Villegas, reunindo a axentes investidores, startups e corporacións. Durante dous días, o foro será un punto de encontro para persoas emprendedoras, fondos de investimento e grandes empresas, co obxectivo de xerar oportunidades de negocio, colaboración e financiamento nun contorno propicio para o talento disruptivo.
Esta edición centrarase en áreas clave como a transformación dixital, a intelixencia artificial, o blockchain e a enerxía sostible, ademais doutras tecnoloxías emerxentes que están a redefinir o futuro. O programa inclúe presentacións de startups innovadoras, mesas redondas sobre as tendencias e os desafíos do sector, e oportunidades de networking para crear alianzas estratéxicas.
O Waykup Forum reunirá líderes do ecosistema emprendedor, axentes investidores, persoal científico e persoas expertas en innovación que compartirán a súa experiencia e visión sobre o futuro da tecnoloxía, o investimento e a creación de startups. En conxunto, as e os poñentes representan unha ampla diversidade de sectores —desde a biotecnoloxía e o capital risco ata a intelixencia artificial e a transferencia científica—, consolidando o foro como un punto de encontro clave para a innovación e o investimento no Mediterráneo.
Queres publicar un novo evento na Plataforma ONE?
Escríbenos!