Organizador

Slush

Localización

Data

18 to 19 novembro 2026

Formato

Presencial

Horario/duración

08:00h - 18:00h

Prezo

De 395 € a 1.195 €.

Tema do evento

Crecemento empresarial
Ecosistema
Innovación
Internacionalización
Engadir aos meus eventos

Para poder utilizar as funcionalidades debes completar todos os campos obrigatorios do teu perfil.

Slush

Slush 2026

Slush 2026 busca reunir a persoas fundadoras, axentes investidores e líderes influentes do ecosistema emprendedor global para impulsar novas ideas e empresas con capacidade de transformar o mundo.

Slush 2026 é o evento de startups deseñado para conectar a persoas emprendedoras con investidores e investidoras e outros axentes de todo o mundo. Esta 19.ª edición, organizada anualmente en Helsinki, celebrarase os días 18 e 19 de novembro de 2026 e ten como obxectivo situar as persoas fundadoras no centro e concentrar, en dúas xornadas intensivas, a comunidade investidora internacional.

O evento articula milleiros de reunións entre startups e axentes investidores e combina un programa de relatorios, unha ferramenta de reunións (matchmaking) e unha área de networking, ademais de mentorías e máis de 600 eventos paralelos (side events). A comunidade reúne persoas fundadoras, axentes investidores, relatores, responsables políticos, medios de comunicación e axentes do ecosistema procedentes de máis de 70 países.

Para conectar o talento emprendedor co capital risco a escala global, Slush impulsa diversas actividades, entre as que destacan:

  • Slush 100: competición de startups cun premio de 1 millón de euros para o proxecto gañador.
  • Investor Office Hours: sesións de 75 minutos dinamizadas por fondos de capital risco (VC), a forma máis sinxela de coñecer e aprender da comunidade investidora durante os días do evento principal.
  • Matchmaking Sprint: programa que dá visibilidade ás startups presentes na plataforma de Slush durante todo o ano; os axentes investidores seleccionan os proxectos cos que desexan reunirse en encontros individuais de 15 minutos.
  • Female Founder Breakfast: encontro seleccionado de mulleres fundadoras para o apoio mutuo, charlas e networking.
  • Investor Day: xornada exclusiva para axentes investidores centrada en conectalos entre si mediante mesas redondas e programación específica de venture.

A pasada edición de 2025 reuniu a máis de 13.000 persoas procedentes de máis de 90 países, 3.500 axentes investidores e 6.000 persoas fundadoras e creadoras de startups, con máis de 25.000 encontros de networking. 

Queres publicar un novo evento na Plataforma ONE?

Escríbenos!