“Non se trata de construír relacións para o hoxe, senón para o mañá” – Natalia Álvarez, directora de Natworking Consulting.
Falamos con Natalia Álvarez, experta en networking estratéxico e desenvolvemento profesional, sobre as claves para construír conexións que impulsan proxectos, atraen investimento e fortalecen o ecosistema emprendedor innovador, transformando contactos en oportunidades reais.
Nesta entrevista á directora de Natworking Consultin, Natalia Álvarez, exploramos como o networking deixou de ser unha práctica informal para converterse nunha ferramenta estratéxica que permite acelerar iniciativas, xerar sinerxias e abrir portas en sectores crave como o industrial, enerxético e tecnolóxico. A partir da súa experiencia en scouting de startups, innovación aberta e conexión entre axentes do ecosistema, Natalia comparte unha visión clara e práctica sobre como construír relacións profesionais con propósito.
Durante a conversación, abordamos a evolución do networking, as técnicas que permiten establecer vínculos auténticos, os erros máis comúns que poden limitar o seu impacto e como adaptar esta práctica a distintos perfís emprendedores. Tamén reflexionamos sobre o papel das iniciativas públicas na creación de contornas de confianza que faciliten conexións de valor.
Unha lectura imprescindible para quen busca relacionarse con intención, impacto e autenticidade no ecosistema emprendedor.
Descarga a entrevista completa e reproduce o vídeo para descubrir como transformar cada contacto nunha oportunidade real.
Hablamos con Natalia Alvarez - Natworking Consulting
Formato: .pdf. 588.3 KB