Foro Nacional de Empresas Emerxentes. Entregables 2025-2026
O Foro Nacional de Empresas Emerxentes fixo público o documento Entregables 2025-2026, unha recompilación dos traballos aprobados polo Pleno que ofrece unha radiografía do ecosistema emprendedor innovador en España, do desenvolvemento da Lei de Startups e dos principais retos que afronta a súa consolidación.
O Foro Nacional de Empresas Emerxentes publicou o documento Entregables 2025-2026, que reúne os traballos aprobados polo Pleno no marco dos seus grupos de traballo e ofrece unha visión estruturada do estado do ecosistema emprendedor innovador en España, da aplicación da Lei de Startups e dos principais retos que condicionan o seu desenvolvemento.
O documento pon de relevo a evolución do ecosistema en ámbitos como as políticas públicas, a innovación, a tecnoloxía, a dixitalización, a igualdade e a dimensión territorial, ao tempo que reflicte o valor da colaboración entre administracións públicas, axentes do ecosistema, entidades sectoriais e organismos especializados para mellorar o coñecemento compartido e a gobernanza do emprendemento innovador.
Entre os aspectos máis relevantes, os entregables analizan a avaliación continua da Lei de Startups, o funcionamento de instrumentos como a certificación de empresas emerxentes, a evolución do ecosistema innovador, a necesidade de reforzar a igualdade e a inclusión, e o impacto dos novos marcos normativos dixitais sobre startups e pemes. Así mesmo, o documento aborda as condicións que afectan á participación das empresas emerxentes en proxectos de I+D+i, a transferencia de coñecemento, a colaboración público-privada e o impulso de ámbitos estratéxicos como o ecosistema Deep Tech.
No plano territorial, o informe identifica a diversidade de estratexias, programas e instrumentos de apoio despregados nas distintas rexións, así como a existencia de boas prácticas con potencial de replicabilidade. Ao mesmo tempo, subliña a importancia de seguir avanzando nunha maior coordinación interterritorial, na comparabilidade da información e no equilibrio do desenvolvemento do ecosistema en todo o país.
En conxunto, Entregables 2025-2026 ofrece unha visión integral e práctica do ecosistema emprendedor innovador en España e configúrase como unha base de referencia para o seguimento da Lei de Startups, a formulación de propostas de mellora e o fortalecemento dunha contorna máis innovadora, competitiva, inclusiva e conectada co territorio.
Entregables 2025-2026
Formato: .pdf. 24.39 MB