Falamos con
Persoa interesada no emprendemento innovador
21 xan 2026
15 minutos
Autor/a:
Example
Plataforma ONE
Tema

Elena Sánchez Rivero, enxeñeira industrial responsable do desenvolvemento de Floating Power Plant

Falamos con Elena Sánchez Rivero, enxeñeira industrial cunha ampla traxectoria no ámbito das enerxías renovables e actualmente parte do equipo de Floating Power Plant en Canarias. Desde a súa experiencia no sector público e privado, Elena traballa no desenvolvemento de solucións innovadoras que combinan eólica mariña flotante e almacenamento enerxético en forma de hidróxeno, co obxectivo de acelerar a transición enerxética en contornas especialmente complexas como as illas.

Elena Sanchez

Nesta entrevista abordamos o percorrido profesional de Elena Sánchez, o desenvolvemento tecnolóxico de Floating Power Plant e os retos asociados a levar unha tecnoloxía offshore innovadora desde o piloto ata o mercado. Analizamos por que Canarias é un enclave estratéxico para este tipo de proxectos, como se articula unha estratexia de financiamento que combine fondos europeos, nacionais e privados, e que aprendizaxes poden ser útiles para outras empresas e territorios.

Unha conversa que ofrece unha visión práctica sobre innovación enerxética, financiamento de proxectos complexos, colaboración público-privada e os colos de botella regulatorios que aínda condicionan o despregamento de tecnoloxías clave para a descarbonización.

Sigue lendo e visualiza o vídeo ao final da páxina para coñecer en detalle a experiencia e o enfoque de Floating Power Plant.

Descargar documento

Falamos_con_Elena_Sanchez_Rivero

Formato: .pdf. 1023.03 KB

Queres publicar contido novo na Plataforma ONE?

Escríbenos!