Organizador

South Summit e IE University

Localización

Madrid

Data

03 to 05 xuño 2026

Formato

Presencial

Horario/duración

10:00h - 18:30h

Prezo

Desde 299€ ata 1.399 €

Tema do evento

Crecemento empresarial
Ecosistema
SS26

South Summit 2026

O obxectivo do evento é xerar oportunidades de negocio reais entre os e as axentes do ecosistema emprendedor global, fomentando conexións de alto valor e acelerando a innovación con impacto económico, social e tecnolóxico.

South Summit celebrará a súa décimo quinta edición en La Nave (Madrid) do 3 ao 5 de xuño de 2026, consolidándose como un dos encontros internacionais de referencia para o ecosistema emprendedor, a innovación aberta e o investimento a escala global. Tras máis dunha década conectando talento, capital e tecnoloxía, o evento mantense como un espazo clave para a creación de alianzas estratéxicas e o impulso ao crecemento de proxectos innovadores. 

O evento está dirixido a startups, persoas emprendedoras, persoas investidoras, corporates, fondos de investimento, aceleradoras, universidades e organismos públicos comprometidos coa transformación económica, a sustentabilidade e o desenvolvemento tecnolóxico. Madrid volve posicionarse como un punto de conexión natural entre Europa e outros ecosistemas clave a nivel internacional.

A programación de South Summit Madrid 2026 abordará, de forma transversal, os principais retos e oportunidades que afronta o ecosistema emprendedor e a innovación a nivel global. Ao longo do evento trataranse cuestións vinculadas ao crecemento e a escalabilidade dos proxectos, a sustentabilidade dos modelos de negocio, a innovación con impacto, o papel das persoas na transformación tecnolóxica e a evolución das tecnoloxías emerxentes, ofrecendo unha visión ampla e conectada dos desafíos actuais e futuros do emprendemento.

South Summit Madrid 2026 combinará unha axenda de contidos de alto valor con espazos deseñados para a xeración de conexións estratéxicas:

  • Startup Competition: unha das competicións máis prestixiosas do ecosistema emprendedor internacional, aberta a startups de calquera sector, país e fase de desenvolvemento. Selecciona as 100 startups máis prometedoras a nivel global, que presentan o seu proxecto ante un xurado internacional de persoas investidoras e corporates. 
  • Reunións 1:1: encontros personalizados entre startups, fondos de investimento e grandes empresas para facilitar oportunidades reais de investimento e colaboración. 
  • Mesas redondas e keynotes: debates con speakers de primeiro nivel sobre innovación, tecnoloxía, financiamento, talento, impacto social e novos modelos de negocio. 
  • Eventos de networking: actividades deseñadas para fortalecer relacións estratéxicas entre persoas fundadoras, investidoras, representantes de empresas e institucións. 
  • Espazos sectoriais e experiencias de innovación: zonas dedicadas a fintech, health, climate tech, industria, mobilidade, impacto social e tecnoloxías emerxentes. 

Na súa última edición, South Summit reuniu unha ampla comunidade do ecosistema emprendedor, integrada por máis de 7.500 startups, máis de 2.100 persoas investidoras, representantes de máis de 134 países e máis de 20.000 asistentes, xerando un contorno idóneo para a creación de relacións estratéxicas, oportunidades de negocio e investimento e colaboración internacional.

Queres publicar un novo evento na Plataforma ONE?

Escríbenos!