Organizador

Meta World Congress

Localización

Data

22 to 24 setembro 2026

Horario/duración

09:00h - 19:00h

Prezo

Desde 33€

Tema do evento

Ecosistema
Tecnoloxía
Engadir aos meus eventos

Para poder utilizar as funcionalidades debes completar todos os campos obrigatorios do teu perfil.

meta world cogress 2026

Meta World Congress 2026

Meta World Congress 2026 é un encontro tecnolóxico que reúne persoas líderes, startups e empresas para impulsar a innovación, compartir coñecemento e conectar o ecosistema tecnolóxico, explorando o presente e o futuro dixital

Meta World Congress 2026 celebra a súa quinta edición consolidándose como un punto de encontro clave para a innovación tecnolóxica. Durante varios días, persoas líderes do sector tecnolóxico, visionarias, startups e corporacións comparten coñecementos, debaten tendencias e xeran oportunidades de conexión dentro do ecosistema. 

O congreso combina:

  • Relatorios inspiradores con speakers recoñecidos.
  • Experiencias inmersivas orientadas a explorar o impacto da tecnoloxía.
  • Zona de expositores onde coñecer solucións e desenvolvementos tecnolóxicos. 
  • Zonas de networking e conexión profesional. 
  • Lecer e entretemento dixital, integrando experiencias tecnolóxicas nun contorno dinámico. 
  • Zona VIP e espazos gastronómicos para experiencias diferenciais. 
  • Demo Hub’s como espazo para mostrar innovacións e desenvolvementos tecnolóxicos. 

O congreso aborda tecnoloxías clave como Intelixencia Artificial (IA), Web3, blockchain, Machine Learning e realidades estendidas, entre outras áreas vinculadas á transformación dixital.

Ademais, o evento incorpora espazos específicos orientados á innovación, ao talento e ao networking:

  • Startup Soul Challenge (3ª edición): baixo o enfoque do “lado humano da innovación”, este espazo consolídase como un encontro de referencia para startups tecnolóxicas en ámbitos como IA, Web3 & Blockchain e realidades estendidas. Trátase dunha plataforma dinámica onde startups presentan os seus proxectos ante unha audiencia global, incluíndo axentes investidores, expertos e líderes do sector.

    A iniciativa ofrece visibilidade, acceso a mentorías, recursos estratéxicos e oportunidades de conexión, actuando como un trampolín para acelerar o crecemento e a expansión empresarial. En edicións anteriores participaron máis de 100 startups, cun investimento próximo aos 100.000 € e acompañamento profesional valorado en máis de 500.000 €.

  • Open Awards (8ª edición): premios centrados na innovación tecnolóxica con propósito, que recoñecen iniciativas capaces de transformar ámbitos como a educación, a saúde ou a ética dixital. Nesta edición seleccionaranse 11 proxectos destacados, reforzando o obxectivo de xerar maior impacto social, diversidade de voces e un enfoque máis humano da tecnoloxía.

Meta World Congress posiciónase así como unha comunidade que impulsa a conversa tecnolóxica, conectando a quen desenvolve a innovación con quen busca comprendela e aplicala en distintos ámbitos.

Queres publicar un novo evento na Plataforma ONE?

Escríbenos!