Organizador

Informa Tech / London & Partners

Localización

Data

08 al 12 xuño 2026

Horario/duración

09:00h - 21:00h

Prezo

desde 95 £ ata 4.999 £

Tema do evento

Ecosistema
Innovación
Engadir aos meus eventos

Para poder utilizar as funcionalidades debes completar todos os campos obrigatorios do teu perfil.

ltw

London Tech Week 2026

Evento que reúne axentes do ecosistema tecnolóxico global co obxectivo de impulsar a innovación, fomentar a colaboración internacional e explorar como a tecnoloxía pode acelerar o crecemento económico e a transformación empresarial.

London Tech actúa como un espazo de encontro entre talento, investimento e desenvolvemento tecnolóxico, no marco do ecosistema do Reino Unido. O evento celebrará a súa 13ª edición en Londres, consolidada como unha das principais citas do ámbito tecnolóxico en Europa e con proxección internacional. Co núcleo da súa programación en Olympia London, o evento articúlase a través dunha axenda distribuída pola cidade que inclúe actividades paralelas, encontros sectoriais e actividades de networking, configurando Londres como un punto de encontro clave para o ecosistema tecnolóxico internacional durante a súa celebración. 

A programación de London Tech Week 2026 combinará unha axenda de contidos de alto nivel con espazos deseñados para a xeración de conexións de valor, estruturados arredor dos grandes retos e oportunidades do sector tecnolóxico. Entre os principais eixes temáticos destacan:

  • Intelixencia artificial e datos, incluíndo IA xerativa, ética e aplicacións en negocio e sector público.
  • Deep tech e tecnoloxías emerxentes, como computación cuántica, cloud, ciberseguridade e Web3.
  • Transformación empresarial e liderado tecnolóxico, con foco en produtividade, escalabilidade e innovación corporativa.
  • Sustentabilidade e tecnoloxía con impacto, abordando o papel da tecnoloxía na construción dun futuro máis sustentable e inclusivo.
  • Emprendemento, investimento e escalado, con contidos orientados a financiamento, crecemento internacional e colaboración con corporacións. 

London Tech Week 2026 combinará conferencias maxistrais, mesas redondas, zonas expositivas, espazos de demostración e sesións de networking curado, incluíndo reunións 1:1 entre persoas fundadoras, investidoras e responsables de innovación. O evento contará ademais con programas específicos para delegacións internacionais, fomentando a colaboración transfronteiriza e a atracción de investimento estranxeiro. 

O evento está dirixido a startups, persoas emprendedoras, perfís directivos, comunidade investidora, responsables públicos e representantes institucionais interesados na análise de tendencias emerxentes, na xeración de alianzas e na identificación de oportunidades de crecemento e internacionalización. En edicións anteriores, London Tech Week reuniu máis de 30.000 asistentes, procedentes de máis de 128 países, coa participación de máis de 625 speakers e milleiros de startups, máis de 1.500 persoas investidoras e representantes de grandes compañías, consolidándose como unha contorna estratéxica para o intercambio de coñecemento, a xeración de negocio e a proxección internacional de proxectos tecnolóxicos.

Queres publicar un novo evento na Plataforma ONE?

Escríbenos!