Organizador
Localización
Data
Formato
Horario/duración
Prezo
Tema do evento
IV Encontro Investir en Ciencia SI é Rendible
O IV Encontro “Investir en Ciencia SI é Rendible” ten como obxectivo fortalecer a colaboración entre entidades do sector público e privado para consolidar un entorno que impulse o emprendemento científico mediante a innovación disruptiva.
O evento celebra a súa cuarta edición en Santiago de Compostela, consolidándose como un espazo de encontro para a comunidade científica, investidora e emprendedora comprometida co impulso da ciencia e a tecnoloxía deeptech. Organizado por Unirisco e a Xunta de Galicia, este punto de encontro ten como misión fortalecer as conexións entre investigación, tecido empresarial e capital, creando un entorno propicio para o desenvolvemento de proxectos científicos con capacidade de escalado e alto valor engadido.
A edición de 2026 ten previsto centrarse en tres eixos estratéxicos que actualmente marcan a evolución do sector: o papel da intelixencia artificial na humanización dos servizos, o emprendemento científico como vía de transferencia de coñecemento e a rendibilidade que ofrece investir en innovación baseada en ciencia. A través de relatorios, diálogos e espazos de intercambio, o IV Encontro Investir en Ciencia SI é Rendible favorecerá a interacción entre persoas investigadoras, emprendedoras e investidoras, creando oportunidades de colaboración e aceleración de proxectos.
O encontro continúa a senda de crecemento iniciada en edicións anteriores. En 2025 reuniu a máis de 400 participantes e contou coa presenza de 80 relatores de diversas universidades e ecosistemas de innovación en España e Europa, reforzando o seu papel como foro de referencia para visibilizar iniciativas de alto potencial científico-tecnolóxico.
Queres publicar un novo evento na Plataforma ONE?
Escríbenos!