Organizador
Localización
Data
Formato
Horario/duración
Prezo
Tema do evento
Gen AI Summit EU 2026
Gen AI Summit 2026 é a cita imprescindible para profesionais en Datos, Machine Learning e Intelixencia Artificial.
O GEN AI SUMMIT EU é o encontro de referencia para a comunidade de Intelixencia Artificial Xerativa en Europa. Durante dous días, fronte ao Mediterráneo, o evento reunirá líderes tecnolóxicos, persoas expertas en datos e innovación, e responsables de transformación dixital para explorar o potencial transformador da IA xerativa en distintos sectores.
O programa combina charlas técnicas de alto nivel, debates arredor da ética, gobernanza, ciberseguridade e regulación, así como espazos deseñados para fomentar conexións estratéxicas entre profesionais, empresas e comunidades tecnolóxicas. O enfoque do summit pon o acento tanto na profundidade técnica como na aplicación real da IA en contornos empresariais e produtivos.
Da man de Innsomnia, como Official Venue Partner e un dos hubs de innovación aberta máis relevantes de Europa, esta segunda edición, que se celebrará os días 17 e 18 de abril de 2026 en Valencia, consolídase como unha cita imprescindible para quen está impulsando e definindo o futuro da intelixencia artificial xerativa en Europa.
Queres publicar un novo evento na Plataforma ONE?
Escríbenos!