Organizador

Plataforma ONE

Localización

Data

17 abril 2026

Formato

Online

Horario/duración

11:00h - 13:00h

Prezo

Gratuito

Tema do evento

Apoio e financiamento
Tecnoloxía
Internacionalización
Requírese rexistro na Plataforma ONE para subscribirse ao Webinar.
Webinar CDTI

Financiación para empresas innovadoras da man do CDTI: NEOTEC, internacionalización e experiencias reais

O obxectivo deste webinar é dar a coñecer as oportunidades do CDTI e que as persoas asistentes identifiquen os programas máis axeitados e aprendan a impulsar os seus proxectos de innovación e desenvolvemento tecnolóxico. Ao rexistrarte, recibirás unha invitación no teu calendario.

Contar con financiamento pública especializada pode contribuír a acelerar o desenvolvemento tecnolóxico, validar solucións innovadoras e reforzar a competitividade empresarial. Porén, para moitas organizacións, identificar que programas existen, como funcionan e que pode aportar cada un pode resultar complexo, especialmente nas fases iniciais de crecemento ou cando se plantexan impulsar a internacionalización das súas actividades de I+D.

O Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e da Innovación (CDTI) ofrece diferentes instrumentos orientados a apoiar empresas que desenvolven tecnoloxía propia, impulsan actividades de investigación e desenvolvemento e buscan colaborar a nivel internacional. A súa misión é reforzar a competitividade empresarial mediante axudas á innovación e á cooperación tecnolóxica, incluíndo programas como NEOTEC, as iniciativas multilaterais Eureka e Eurostars, así como outros mecanismos de apoio á internacionalización de proxectos de I+D.

Na primeira parte do webinar, Emilio Iglesias Cadarso, xefe de área do Departamento de Promoción Institucional e Cooperación Territorial do CDTI, explicará como o programa NEOTEC contribúe a impulsar a creación e consolidación de empresas de base tecnolóxica, ofrecendo subvencións dirixidas a pequenas empresas innovadoras que desenvolven tecnoloxía propia e cuxa estratexia competitiva se basea na súa actividade investigadora.

Posteriormente, Óscar Fernández Moyano, xefe do Departamento de Cooperación Tecnolóxica do CDTI, e Patricia Sánchez Pacheco, representante do CDTI na India, abordarán as oportunidades de cooperación tecnolóxica internacional dispoñibles para as empresas españolas, así como as claves para participar en programas internacionais como Eureka e Eurostars.

Finalmente, participarán empresas beneficiarias do programa NEOTEC, que compartirán a súa experiencia no acceso a esta liña de financiamento, así como o impacto que tivo no desenvolvemento tecnolóxico e no crecemento dos seus proxectos.

Queres publicar un novo evento na Plataforma ONE?

Escríbenos!