Organizador
Localización
Data
Formato
Horario/duración
Prezo
Tema do evento
Para poder utilizar as funcionalidades debes completar todos os campos obrigatorios do teu perfil.
Expand North Star 2026
Expand North Star é un evento internacional centrado nas startups, no investimento, e na tecnoloxía, que se celebrará en Dubai co obxectivo de consolidarse como un punto de encontro clave nos EAU para a innovación e a expansión empresarial global.
Expand North Star, baixo o lema “The World’s Largest Startup and Investor Connector Event”, celebrarase do 8 ao 10 de decembro de 2026 en Dubai (Emiratos Árabes Unidos). O evento preséntase como un espazo de conexión entre startups, organismos públicos, corporacións e axentes investidores, con foco no acceso a capital global e na colaboración para o desenvolvemento empresarial.
A edición de 2026 incorpora novas áreas e formatos que amplían a súa escala e alcance. Entre eles figura ENS Founders Academy, unha academia de tres días que conecta persoas fundadoras con axentes investidores e CEOs de unicornios a través de cinco laboratorios especializados que abordan distintas etapas do percorrido dunha startup, desde a idea ata a saída (exit).
A isto súmanse varios espazos temáticos: Content Nation X, centrado en startups, axencias e creadores vinculados ao desenvolvemento de contido impulsado por intelixencia artificial; NS Play, enfocado na innovación en hardware de realidade aumentada e virtual, dispositivos de saúde intelixentes e lifestyle tech; e DigiHealth-Biotech, dedicado ao diagnóstico con IA, á xenómica e ás terapias de nova xeración.
No ámbito do investimento, a edición de 2026 presenta Supernova 0X, unha competición global de pitch estruturada por fases de madurez (Pre-Seed, Seed e Series A), con avaliación independente por categoría e premios diferenciados. Tamén forman parte do programa a sesión ENS26 Backers Pitch, na que os propios axentes investidores presentan operacións que xa respaldaron.
Segundo os datos da edición de 2025, o evento reuniu 2.050 startups globais, 1.300 axentes investidores, máis de 400 speakers e máis de 5.340 reunións.
Queres publicar un novo evento na Plataforma ONE?
Escríbenos!