Organizador

eMerge Americas

Localización

Data

23 to 24 abril 2026

Formato

Presencial

Horario/duración

09:00h - 18:00h

Prezo

259$-2.650$

Tema do evento

Ecosistema
Internacionalización
emerge

eMerge americas 2026

eMerge Americas pretende ser a plataforma de converxencia para empresas, axentes investidores e persoas emprendedoras, impulsando a innovación, o networking internacional e a transformación tecnolóxica en áreas clave como IA, saúde, fintech e seguridade.

eMerge Americas 2026 ofrecerá unha experiencia inmersiva en catro grandes bloques temáticos:

  • Intelixencia artificial: discusións sobre intelixencia artificial xerativa, automatización, visión por computador, etc.
  • Saúde: innovación en tecnoloxía médica, biotech, eHealth, sistemas sanitarios, etc.
  • Seguridade nacional: tecnoloxías de dobre uso, defensa, ciberseguridade, colaboración público-privada, etc.
  • Finanzas: banca, fintech, cripto/activos dixitais, pagos, Finanzas 2.0, etc.

A décima edición de eMerge Americas terá lugar en abril no Miami Beach Convention Center. Este encontro internacional reunirá máis de 20.000 asistentes de máis de 60 países, con máis de 300 expositores, máis de 250 poñentes e miles de startups e empresas participantes.

O evento combina conferencias maxistrais, paneis temáticos, exhibicións tecnolóxicas, demostracións en vivo, unha área de startups, espazos de networking, presentacións de proxectos e oportunidades de investimento.

Para empresas españolas, existe a posibilidade de participacións agrupadas, como o “Pavillón España”, o que pode facilitar o acceso a axentes investidores, visibilidade internacional e apoio loxístico.

Queres publicar un novo evento na Plataforma ONE?

Escríbenos!