Organizador
Localización
Data
Formato
Horario/duración
Prezo
Tema do evento
Digital Enterprise Show 2026
O obxectivo é impulsar a transformación dixital das organizacións mediante o uso da IA e tecnoloxías exponenciais para mellorar a competitividade, a eficiencia e o crecemento empresarial nun contorno económico e tecnolóxico en constante evolución.
Digital Enterprise Show celebrará a súa décima edición no Palacio de Feiras e Congresos de Málaga (FYCMA), consolidándose como un dos principais eventos internacionais B2B en Europa sobre transformación dixital, intelixencia artificial e tecnoloxías avanzadas aplicadas ao negocio. O encontro reunirá empresas tecnolóxicas, grandes corporacións, administracións públicas, startups e persoas expertas co obxectivo de compartir coñecemento, descubrir solucións disruptivas e xerar oportunidades de colaboración.
Como principal novidade desta edición, DES presenta o DES Universe, un novo ecosistema de eventos conectados que transforma a experiencia tradicional do evento nun percorrido totalmente personalizado. A través deste modelo, DES conecta tecnoloxías, tendencias e persoas líderes que están a impulsar a evolución dixital e tecnolóxica nos negocios actuais, ofrecendo contidos dirixidos por persoas expertas, sesións exclusivas e coñecementos prácticos orientados á toma de decisións e ao crecemento empresarial.
Neste contexto, a programación de DES 2026 articúlase en distintos espazos que forman parte do DES Universe, entre os que destacan:
- Digital Business World Congress, o congreso central do evento, centrado en liderado global, tecnoloxías do futuro e casos de éxito que están a dar forma á economía dixital.
- The AInonomics, enfocado en estratexias de intelixencia artificial orientadas ao retorno do investimento, a ética, os axentes autónomos e os marcos de gobernanza.
- Cloud to Sky Connect, dedicado a estratexias multicloud, modelos de negocio cloud first e infraestruturas dixitais áxiles.
- CyberXponential World, centrado en ciberseguridade avanzada, defensa predictiva con IA, enfoques Zero Trust e ciberresiliencia.
- Retail Tech Fest, orientado á hiperpersonalización con IA, comercio unificado, marketplaces e o futuro do retail.
- Digital Marketing Planet, centrado en adquisición de persoas usuarias, medición do ROI e solucións exponenciais de marketing dixital.
- España Empresa Digital, un espazo para coñecer ferramentas, incentivos e talento que impulsan a evolución do tecido empresarial.
- The ScaleUp! World Summit, orientado ao ecosistema startup, con competicións, oportunidades de investimento e innovacións disruptivas.
O programa incluirá relatorios, paneis temáticos e espazos de networking para facilitar a conexión entre persoas emprendedoras, investidoras e corporacións, ademais dunha zona expositiva onde se presentarán algunhas das startups e scaleups da península ibérica. Entre os speakers confirmados atópanse Randi Zuckerberg, Founder and CEO de Zuckerberg Media; Richard Benjamins, CEO en OdiseIA; Aleida Alcaide, directora xeral de Intelixencia Artificial do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública; Gorka Unamuno, Head of Innovation and Strategic Alliances en Multiverse Computing, entre outros.
Na anterior edición, Digital Enterprise Show reuniu máis de 17.000 profesionais, máis de 600 relatores internacionais e máis de 400 empresas participantes, consolidándose como unha plataforma estratéxica para comprender como aplicar a tecnoloxía de forma práctica e avanzar nos procesos de transformación dixital.
Queres publicar un novo evento na Plataforma ONE?
Escríbenos!