Organizador
Localización
Data
Formato
Horario/duración
Prezo
Tema do evento
Como crear o primeiro MVP da túa startup con intelixencia artificial?
Únete ao webinar e descobre como a IA pode axudarche a desenvolver o primeiro Produto Mínimo Viable (MVP) da túa startup dun modo áxil e accesible. Ao rexistrarte, recibirás unha invitación no teu calendario co acceso directo á sesión en liña.
Transforma a túa idea nun primeiro produto funcional sen necesidade de saber programar.
Contar cun MVP é un dos pasos clave para validar unha idea de negocio, testar hipóteses e avanzar no desenvolvemento dunha startup. Porén, para moitas persoas emprendedoras sen perfil técnico, este proceso adoita percibirse como complexo, custoso ou difícil de abordar nas primeiras fases do proxecto. Hoxe, os axentes de código baseados en intelixencia artificial abren unha nova vía para simplificar este proceso e acelerar os primeiros resultados.
Neste webinar práctico introductorio de vibe coding, exploraremos como a intelixencia artificial pode converterse nunha aliada estratéxica para crear un primeiro Produto Mínimo Viable de forma rápida, eficiente e sen grandes coñecementos técnicos. Explicarase que é un axente de código, como funciona e por que se converteu nunha ferramenta esencial para transformar instrucións en resultados tanxibles.
Da man de Marco Gonzalo Gómez Pérez, cofundador de 4Geeks Academy España e experto en formación tecnolóxica e acompañamento a proxectos emprendedores, abordaremos as principais boas prácticas á hora de traballar cun axente de código: como definir o alcance do proxecto, como establecer regras claras, como orientar a IA para obter resultados precisos e como iterar de maneira efectiva.
Durante o webinar trataranse aspectos como a definición do alcance dun MVP, o uso de ferramentas de intelixencia artificial para crear interfaces e funcionalidades básicas, e as boas prácticas para iterar e mellorar o produto a partir do feedback inicial, así como un caso práctico real explicado e desenvolvido por Marco. O obxectivo é que cada persoa asistente saia cunha visión clara de como comezar a construír o seu MVP e cos conceptos iniciais necesarios para dar os primeiros pasos cara á materialización do seu proxecto emprendedor mediante a IA.
A sesión está especialmente dirixida a persoas emprendedoras, fundadoras, startups en fase temperá e a calquera persoa sen perfil técnico que queira explorar como a intelixencia artificial pode axudarlle a converter unha idea nun primeiro produto dixital.
Queres publicar un novo evento na Plataforma ONE?
Escríbenos!