Organizador

TBM Group

Localización

Data

03 to 04 setembro 2026

Formato

Presencial

Horario/duración

08:00h - 18:00h

Prezo

Desde 399 € ata 999 €

Tema do evento

Ecosistema
Innovación
Tecnoloxía
AI Tech Summit 2026

AI Tech Summit 2026

AI Tech Summit 2026 é un congreso internacional centrado na intelixencia artificial e na transformación dixital, deseñado para conectar o ecosistema emprendedor afondando en aplicacións reais e colaboracións estratéxicas.

O AI Tech Summit 2026, organizado por TBM Group, celebra a súa quinta edición no Sava Center de Belgrado, Serbia. O evento reunirá durante dúas xornadas a profesionais do sector tecnolóxico, startups, grandes empresas, persoas investidoras, responsables de innovación e institucións públicas interesadas en comprender e aplicar o potencial real da IA en distintos contextos empresariais e industriais.

Ao longo do evento, as persoas asistentes poderán coñecer de primeira man as principais tendencias en intelixencia artificial, explorar casos de uso reais, analizar os retos asociados á adopción destas tecnoloxías e descubrir como a IA está a impactar na eficiencia operativa, na toma de decisións e nos modelos de negocio. O programa combinará relatorios inspiradores, sesións de análise estratéxica, workshops prácticos e espazos de demostración tecnolóxica, deseñados para fomentar tanto a aprendizaxe como a colaboración entre os distintos actores do ecosistema.

O AI Tech Summit poñerá o foco en ámbitos como a IA xerativa, a adopción da IA en contornos empresariais, a automatización avanzada, a gobernanza e o uso responsable da IA, os sistemas de axentes intelixentes, a infraestrutura tecnolóxica necesaria para escalar solucións de IA e as súas aplicacións en sectores como a industria, a saúde, a enerxía ou os servizos dixitais.

A edición de 2026 contará coa participación de speakers internacionais de primeiro nivel, con perfís directivos e técnicos procedentes de compañías tecnolóxicas e organizacións líderes a nivel global. Entre as persoas relatoras confirmadas atópanse Eve Psalti, Senior Director of Artificial Intelligence en Microsoft (Estados Unidos); Georgiy Vinogradov, Director of Medical AI & Innovations en Novartis; Andreas Horn, Head of AIOps en IBM; Vladimir Prodanovic, Principal Program Manager en NVIDIA; Axel Täubert, Head of Startups para o Norte e Leste de Europa en Google; e moitas outras persoas que ofrecerán unha visión completa sobre o presente e o futuro da intelixencia artificial desde unha perspectiva tecnolóxica, estratéxica e de impacto real no negocio e na industria.

O AI Tech Summit 2025 reuniu a máis de 1.000 persoas asistentes, máis de 30 sponsors e máis de 50 speakers, amosando unha participación crecente de startups, corporacións e patrocinadores tecnolóxicos.

Queres publicar un novo evento na Plataforma ONE?

Escríbenos!